Axuda do LibreOffice 25.2
Na primeira páxina do Asistente de gráfica pode escoller un tipo de gráfica.
As gráficas XY na súa forma básica baséanse nunha serie de datos que consiste nun nome, nunha lista de valores ‑x e nunha lista de valores ‑y. Cada par de valores (x|y) móstrase como un punto nun sistema coordenado. O nome da serie de datos está asociado con valores ‑y e móstranse na lenda.
Escolla unha gráfica XY para as seguintes tarefas de exemplo:
escalar o eixe X
xerar unha curva paramétrica, por exemplo, unha espiral
debuxar a imaxe dunha función
explorar a asociación estatística das variábeis cuantitativas
É posíbel que a gráfica XY teña máis dunha serie de datos.
Pode escoller unha variante da gráfica XY na primeira páxina do Asistente de gráfica ou escollendo para unha gráfica en modo edición.
A gráfica créase coa configuración predeterminada. Unha vez rematada, pódense editar as súas propiedades para lle cambiar a aparencia. Os estilos de liña mais as iconas pódense cambiar na páxina da lapela Liña da caixa de diálogo das propiedades da serie de datos.
Prema dúas veces en calquera punto de datos para abrir a caixa de diálogo . Nesta caixa de diálogo pódense cambiar moitas propiedades da serie de datos.
Para gráficas 2D pódese escoller para activar que se mostren as barras de erro.
Pode activar que se mostren as liñas de valores medios e as liñas de tendencia empregando ordes do menú Inserir.
Cada punto de datas represéntase cunha icona. O LibreOffice emprega iconas predeterminadas con formas e cores diferentes para cada serie de datos. As cores predeterminadas configúranse en .
Esta variante debuxa liñas rectas desde un punto de datos ata o seguinte. Os puntos de datos móstranse por iconas.
A orde de debuxo é a mesma que a orde na serie de datos. Marque Ordenar por valores X para debuxar as liñas na orde deses valores. Esta orde só se aplica na gráfica e non nos datos da táboa.
Esta variante mostra puntos e liñas ao mesmo tempo.
As liñas móstranse como fitas. Os puntos de datos non se mostran a través de iconas. Na gráfica finalizada escolla Visualización 3D para definir propiedades como a iluminación e o ángulo de visualización.
Escolla Suave no menú despregábel Tipo de liña para debuxar curvas no canto de segmentos rectos.
Prema en Propiedades para configurar os detalles das curvas.
O Spline cúbico interpola puntos de datos con polinomios de grao 3. As transicións entre as partes do polinomio son suaves, tendo a mesma pendente e a mesma curvatura.
The Resolution determines how many line segments are calculated to draw a piece of polynomial between two data points. You can see the intermediate points if you click any data point.
B-Spline uses a parametric, interpolating B-spline curve. Those curves are built piecewise from polynomials. The Degree of polynomials sets the degree of these polynomials.
Escolla En chanzos no menú despregábel Tipo de liña para debuxar liñas que vaian subindo en chanzos de punto en punto no canto de segmentos rectos.
Prema en Propiedades para configurar os detalles das curvas.
Hai 4 tipos de chanzos:
Start with horizontal line and step up vertically at the end.
Start to step up vertically and end with horizontal line.
Start with horizontal line, step up vertically in the middle of the X values and end with horizontal line.
Start to step up vertically to the middle of the Y values, draw a horizontal line and finish by stepping vertically to the end.